A destilería

Somos unha destilería craft galega e elaboramos os nosos produtos ao máis puro estilo tradicional, baixo os estándares de tecnoloxía e calidade máis elevados.

Estamos no corazón de Galicia, á beira do río Ulla, inspirador de mitos, de literatura, de festas e de ritos. En terras de vides, de horta, de historias de vellos mestres destiladores que dedicaron parte da súa vida a perfeccionar as súas receitas en alambiques clandestinos.

Amamos a terra e as súas xentes e estamos onde queremos estar. A nosa inspiración é a resulta do diálogo constante que establecemos co noso medio, na procura sempre dos destilados máis senlleiros e orixinais.

O noso negocio é a nosa paixón. Chegamos ata aquí porque amamos o que facemos e sabemos como facelo. A destilería é o reflexo da nosa filosofía e valores, e supón toda unha declaración de intencións deste empeño por poñer en valor o rural galego.

 

Destilamos paixón, honestidade e sustentabilidade. Destilamos historias, experiencias e sensacións únicas para facer bebidas espirituosas orixinais e 100%  galegas.

 

Somos Galician Original Drinks.

A bebida

 

Para asomarse á nosa bebida hai que entender que Dr. Zas rompe radicalmente coas ideas preconcibidas e redefine as novas fronteiras das categorías de bebidas picantes espirituosas.

 

É elaborado a partir dunha coidada selección de pementos variedade padrón dos que sempre pican. Poderás notar a súa forza aromática na que destacan os matices vexetais, herbáceos silvestres, plantas aromáticas, cítricos e unha infinidade de notas que o fan diferente e auténtico.

 

 

A boca é irresistible, divertida e sen complexos. Sen dúbida non che deixará indiferente a sensación picante, orixinal e atrevida.

 

 
 

A intensidade inicial irá deixando paso a un final cun posgusto fresco e larpeiro que convida a beber outro Dr. Zas ben frío, xeado!

 

A historia

A orixe da nosa bebida remóntase a séculos pasados, rexistrados na memoria daqueles mestres destiladores que  experimentaban en alambiques clandestinos para atopar a bebida máis orixinal e cos efectos máis “interesantes” para corpo e alma.

 

O destino quixo ser  garda de tradicións e pór nas nosas mans o diario dun daqueles alquimistas.  Nunha pequena destilería afastada das miradas dos curiosos, o noso particular heroe pasou parte da súa intensa vida creando os máis orixinais bebedizos, aos que se atribuían propiedades nunca vistas e efectos realmente sorprendentes nas almas que os probaban.

O manuscrito describe noites interminables, cantos de taberna e xentes de toda idade e condición bailando e brindando ata o amencer coa bebida verde. Os efectos eran súbitos…zas!, e así o seu creador foi alcumado dende entonces.

 

Nós recuperamos  esta receita para actualizala ao gusto e tendencias actuais e facer algo diferente a todo o coñecido. Destilado ao estilo do Dr.Zas  pero co noso toque persoal.

 

Iso é Dr. Zas,  a enerxía da alma para as noites máis longas e intensas.

Localización

Galician Original Drinks, S.L.

Contacto

Teléfono

981 11 81 18

Email

ventas@godrinks.es

Enderezo

Cimadevila 27, San Miguel de Sarandon
15885 Vedra, A Coruña

Dr. Zas ©        Aviso legal        Política de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies